resumen de noite de voraces sombras
Respuestas a la pregunta
Contestado por
3
Ó libro trata sobre unha nena chamada Sara, que vai de vacacións a casa da súa avoa Laura, que morreu fai pouco tempo, e Sara alóxase na habitación do seu tío Moncho. Nesta habitación Sara xamais entrara porque a sua avoa non quería que tocase nada do que había naquela habitación. Pola noite, cando Sara ía durmir, sentía que na súa habitación había alguén agochado e que lle estaban observando. Van pasando os días, ata que unha noite na que sente a presenza fantasmal, vai mirar se hai alguen agochado no armario e descubre un dobre fondo que ten o armario onde hai unha carpeta con cartas que recibiu o tío Moncho da súa novia, Sara, e tamén un diario que atopa que conta o que lle ocorre na prisión e posteriormente, nun campo de refuxiados, onde conta que hai un cemiterio.<br /><br />Unha vez lidas estas cartas, Sara avisa a súa nai, e posteriormente, van á illa de San Simón onde está o famoso cemiterio. Cando chegaron ó cemiterio, Sara non sabía nin que se agochaba alí, nin que ían atopar. Sara comezou cavando no chan e non tivo sorte, pero depois, mirou nun muro que tiña o cemiterio, e, agochado nun oco entre dúas pedras, atopou unha caixa de betume onde estaba agochado un anel de ouro que poñía o seu nome, Sara.
Otras preguntas
Matemáticas,
hace 8 meses
Física,
hace 8 meses
Salud,
hace 8 meses
Castellano,
hace 1 año
Física,
hace 1 año
Inglés,
hace 1 año
Matemáticas,
hace 1 año