Galego, pregunta formulada por adrianVM1, hace 1 año

un breve resumen del libro "O Irman do Vento" de Agustín Fernández Paz. por favor no encuentro ningún resumen para mañana

Respuestas a la pregunta

Contestado por Ana0009
0
En 1987 o Dr Luís Meira chega ao Oriente Próximo, formando parte dun equipo para  un estudo científico das ruínas de Petra en Xordania. En 1988 vai a Iraq. En 1990 coñece a Khaled, con 4 anos, nas ruínas de Niníve. Alí tamén coñece o seu avó, Hadras, que é vendedor ambulante de pezas de antiguïdades falsas. Hadras convida ao Dr Meira a ir a aldea onde viven, Qhissa Hanni, e quedou mes e medio na súa casa. Alí coñece a toda a familia de Khaled, que pertencen a raza dos koblai. En 1991 comezou a primeira guerra de Iraq e o Dr Meira volta a Galicia onde, aos dous meses, entérase de que acabara a guerra e que Pensha, un tío de Khaled, morrera nela. En 1995 morre a nai de Khaled, Beth, por unha gastroenterite. En 1997 o Dr Meira volve a Iraq e merca a casa que fora de Pensha e a súa muller, Ednal. Instálase definitivamente en Iraq e chámanno Al-Galego. En 2003 empeza a segunda guerra de Iraq.O 1 de outubro de 2002, Khaled escribe a primeira, das moitas outras cartas, a Alberte, o fillo imaxinario do Dr Meira. Dille que lle regalaron un caderno para adestrarse como contador de historias porque o mestre, Mir Ashdif, considera que ten moitas habilidades para iso. Tamén lle presénta  a toda súa familia e comeza o seu conto, o dun califa que ten unha fermosa filla, Sadhua, da que Raid, o protagonista, se enamora, que Khaled seguirá contado en todalas cartas. Así nos fai saber que a súa infancia non foi sinxela, a súa nai morrera e o seu pai volveu casar cunha  muller, Zulaid, coa que tivo un fillo. A Khaled non lle importou, pero a familia da nai sentoulle moi mal, e iso provocou enfrontamentos nela.Un día, chegou a guerra de Bagdad e o seu pai tivo que ir cos outros soldados a loitar. Ao principio o pai mandáballe cartas e contáballe como era Bagdad, non mencionaba a guerra para non preocupalo. Recibía moitas cartas ao mes, pero pouco a pouco foron chegando menos, ata que chegou unha informando da súa desaparición.
Khaled vaino buscar a Bagdad, nunha caravana de beduinos, familiares da súa nai. Pasou moitas aventuras polo camiño, e iso encantoulle, pero ao chegar á cidade, atopouse co seu pai morto. Sentíase moi triste, e só, pero quixo levalo a súa aldea para enterralo onde estaba a súa xente. 
O día do enterro coincidíu coa súa maioría de idade, 16 anos, e chegou Athaniel, o gandeiro ao que o seu pai lle deixara dito, que tal día como o de hoxe lle levara o cabalo que tanto lle gustara a Khaled e o que lle chamou “irmán do vento”. 
Otras preguntas