Hola alguien me puede ayudar con el resumen de ANAGNÒRISE por capítulos EN GALLEGO ? Porfa
Respuestas a la pregunta
Nicolau Arís é un rapaz das Rías Baixas que ten problemas na súa casa e decide deixalo todo e marchar a Madrid en autostop. Recólleo Xulia Andrade, unha escritora da zona, aínda que durante a viaxe non se din como se chaman. Nun principio el está descontento porque o recollese unha muller, pero sorpréndese ao ver que ela sabe moito de coches. Detéñense a comer polbo á feira nunha pequena vila, e despois fan unha excursión a un mosteiro feminino. Despois de estar a piques de bater frontalmente contra un camión, detéñense nunha área de servizo.
Durante a viaxe Nicolau explícalle que marcha porque logo de que cinco anos atrás a súa irmá pequena morrese afogada, a súa nai comezou a beber e o seu pai embarcou nun pesqueiro. Amais, sofre por desamor cunha rapaza e por desencontros cun amigo seu. Estas conversas coa condutora sérvenlle a Nicolau para ser consciente de si mesmo. O título da novela fai referencia á anagnórise, un topos clásico da trama narrativa -especialmente do teatro- no que un personaxe é recoñecido por outros (ou se dá conta el mesmo) na súa verdadeira identidade.
Ao chegaren a Madrid sepáranse. Ela marcha a un hotel, e déixalle o seu contacto. El vai a un piso cuns amigos, e lévalles medio quilo de haxix para fumar e vender. Unha semana despois Nicolau vai ao hotel para ver a Xulia, pero en recepción dinlle que ela morreu nun accidente de tráfico. De regreso a Galicia, no camposanto descobre que Natalia, a súa namorada, é filla de Xulia.