Castellano, pregunta formulada por airamireza2024lgs, hace 1 año

crea una histroria urbana que tenga iinicio nudo y desenlace y que tenga varios lugares RAPIDO!!!!!

Respuestas a la pregunta

Contestado por gianelakrismengoacha
1

Respuesta:

Explicación:

Unha pizca de televisión  

Era unha noite de verán en Polonia, facía unha temperatura agradable para saír a dar unha volta. Saín do meu cuarto do faro, baixei as escaleiras, cando cheguei abaixo atopeime a luz prendida, pensei que me esquecera de apagala, atopeime con que o meu tío Pawel (Pablo) quedara durmido vendo a televisión. Non lle din moita importancia e saín para fora, o ceo estaba despexado, fun en dirección cara o centro da vila.

 Cando ía a sentar nun banco soou unha alarma, mirei cara os lados, había unha persoa correndo. O primeiro que pensei é que fora un ladrón, escoitei un grito que dicía “ Corre, atrápao”. Tiña razón, aínda que tardei en reaccionar fun capaz de correr tras el e atrapalo, fixo forza para escapar, dun momento a outro chegou a policía. A policía deixouno inconsciente xa que non estaba quieto, e metérono na furgoneta.

A min preguntaronme se estaba ben ao que eu contestei que sí.

Dixeronme que fora para a casa e que non lle contara isto a nadie. Eu fixenlles caso e funme afastando ata que escoitei un grito leve pedindo axuda. Entón mirei cara o chan e atopei cun home ferido na zona dos pulmóns chamei a unha ambulancia. Mentras esperaba por ela o home dixo  que me acercara a el e que collera un sobre que tiña na chaqueta. E xusto antes de morrer diante miña dixo:

-- J.S. Rocherd  

-- Podes repetilo, non o entendín-- contesteille

-- J.S. Rocherd. É o nome do propietario do sobre, vive en Vigo que está en Galicia.

Chegou a ambulancia cando el xa estaba morto.

A policía levoume para interrogarme e dixéronme que o home tiña problemas neurolóxicos, fixéronme unhas preguntas, contesteillas e fun para casa. Ao chegar meu tío deume un abrazo e de repente espertei envolto nunha camilla do hospital de facerme un transplante de fígado é dinme conta de que estaba en Vigo.

Otras preguntas