Galego, pregunta formulada por lola4527, hace 19 días

breve descripción de loureço xograr, manuel portas

Respuestas a la pregunta

Contestado por Anitapech
1

Respuesta:

espero ayudarte :)

dame coronita :)

Explicación:

Editorial Galaxia publica Lourenço, xograr, novela coa que Manuel Portas obtivo o Premio García Barros do ano 2015. A obra premiada no certame que organiza o Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística trátase dunha novela histórica que recrea o período medieval en Galicia a través da peripecia dun xograr. En opinión do xurado, nesta obra de Manuel Portas destaca a contribución da novela á divulgación da historia e da literatura medieval galegas por medio dun personaxe pouco coñecido, o xograr Lourenço, que constitúe a porta pola que nos asomamos non so aos conflitos políticos que determinaron o que hoxe somos como país senón tamén ás vidas entrelazadas das distintas clases sociais da época. Como xograr do cabaleiro Joam García de Guilhade, buscará fortuna nas cortes peninsulares no empeño de que a súa arte sexa recoñecida polos escritores contemporáneos.

Eles non van consentir que un vulgar xograr, un aprendiz de ferreiro, fillo dun soldado anónimo e dunha simple cociñeira, poida equipararse a eles.

Otras preguntas